viernes, 29 de enero de 2016

No meu cole hai...

Ola familias!

Hoxe vos ensinamos o que descubrimos no noso colexio, posto que, como sabedes, ao non coñecer nada del, dedicamonos a explorar, experimentar, tocar, observar e como non , a xogar  con todo aquilo que tiñamos ao noso alcance. Con iso, convertémonos nuns fantásticos fotógrafos, pois fomos nós mesmos os que , tras escoller o obxecto que máis nos gustaba, sacámoslle unha foto e despois dímoslle un pouquiño de vida, que para iso somos  moi dicharacheiros e divertidos :).

Grazas a este traballo, ademais de coñecer todo canto nos rodea e adquirir vocabulario, tamén melloramos na nosa expresión oral, conseguimos que os mais vergoñosos dixeran algunha palabra solta e como non, divertirnos coa maxia de dar vida aos nosos obxectos.

Agora vos deixamos este fantástico video para que vexades algunhas das tantas cousas que temos no noso cole e que...FALAN!!!


1 comentario: