miércoles, 25 de abril de 2018

NOTA DA TEACHER

A teacher María escribiu esta nota para as familias que están interesadas en saber onde buscar as cancións que cantan os nenos e nenas con ela na clase.

EXPOANIMALIA

Esta semana, no laboratorio do cole, hai unha exposición de reptiles chulísima, puidemos ver tartarugas, serpes, ras e tarántulas, algúns mais venenosos que outros......



VERLIOKA

   Onte recibimos a Charo e con ela disfrutamos das aventuras do xigante Verlioka. Gracias Charo e volve prontiño!!





lunes, 23 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO

Como todos os anos, celebramos o Día do libro cunha lectura de contos no patio do cole. Os padriños e madriñas de 3ºA e 2º B viñeron a buscarnos para contarnos un conto e nos a cambio regalámoslles un debuxo para agradecerllo. Este ano, decidimos aproveitar este día para axudar a Asociación Bicos de Papel facendo uns marcapáxinas solidarios. Espero que vos gusten!!!


jueves, 19 de abril de 2018

PACO NOGUEIRAS

O mércores visitounos Paco Nogueiras, autor dos libro-CD "Brinca vai" e "Radio Bule Bule" e contounos uns contos cheos de música, ukelele, acordeón, palmas e pitos. "Coelliño branco" "Nunú xoga" "A horta de Simón" e "Grisela". Todos axudámoslle a cantar e contar estes contos e estivo maravilloso coma sempre.




martes, 17 de abril de 2018

CONTOS

   Hoxe visitounos Alicia cun conto cheo de misterio ¿Qué hay detrás de la puerta? . Que ben o pasamos co crocodilo!
 Graciñas Alicia!!!





lunes, 16 de abril de 2018

PROXECTO ABELLAS

Xa comezamos o proxecto das abellas e gustaríanos que todos os nenos e nenas participasen traendo información. Non son necesarias grandes manualidades, o importante é que eles descubran o que lles interesa: por qué pican as abellas, diferenza abella - avispa, como fan o mel, persoa que se encarga do coidado das abellas.....e que o escriban nun folio e poder presentalo ós seus compañeiros/as.
Moitas grazas

viernes, 13 de abril de 2018

BOCATA DE LEITUGA

Hoxe levamos ao cole un bocata para poder poñer dentro as leitugas que plantamos na horta do cole, a algúns gustoulles máis que a outros pero todos disfrutamos un montón.



CONTOS DE MAMÁS

Esta semana estiveron Maca (mamá de Roi) e Mónica (mamá de Raquel) contándonos contos chulísimos. Moitas grazas por vir!!!






lunes, 9 de abril de 2018

ANIVERSARIO DE RUBÉN

   O venres celebramos o aniversario de Rubén cun biscoito moi rico...
   MOITAS FELICIDADES!!!