viernes, 29 de enero de 2016

LIBRO DO COLE

 

No meu cole hai...

Ola familias!

Hoxe vos ensinamos o que descubrimos no noso colexio, posto que, como sabedes, ao non coñecer nada del, dedicamonos a explorar, experimentar, tocar, observar e como non , a xogar  con todo aquilo que tiñamos ao noso alcance. Con iso, convertémonos nuns fantásticos fotógrafos, pois fomos nós mesmos os que , tras escoller o obxecto que máis nos gustaba, sacámoslle unha foto e despois dímoslle un pouquiño de vida, que para iso somos  moi dicharacheiros e divertidos :).

Grazas a este traballo, ademais de coñecer todo canto nos rodea e adquirir vocabulario, tamén melloramos na nosa expresión oral, conseguimos que os mais vergoñosos dixeran algunha palabra solta e como non, divertirnos coa maxia de dar vida aos nosos obxectos.

Agora vos deixamos este fantástico video para que vexades algunhas das tantas cousas que temos no noso cole e que...FALAN!!!


DÍA DA PAZ

PAZ
Se pinchades na imaxe da pomba poderedes ver un vídeo e as fotos do Día da Paz no cole

lunes, 25 de enero de 2016

Mi paloma de la Paz dice...

Moi boas familias!!

Dado nas datas nas que nos atopamos, e vendo que dentro de pouquiño temos a conmemoración do día da Paz, aproveitamos para indagar e ver qué mensaxes vai deixando polo mundo esta Pomba. Foi por iso que leemos un libro ao respeto para despois ter un diálogo do mais entretido. Finalmente puxémonos mans á obra para saber que é o que di a pomba de cada un de nós. Queredes ve-lo?? Pois premede no seguinte video!



miércoles, 20 de enero de 2016

CARTA DE NUBA






OLA AMIGUIÑOS:
AGORA XA SEI ONDE ESTÁ O DINOSETO, NUNHA CIDADE MOI CHULA CHAMADA VIGO. SABEDES SE HAI CÍRCULOS POLA RÚA? GUSTARÍAME ATOPALOS PARA LEVALOS Ó MEU PAÍS, PODEDES AXUDARME?

ANIVERSARIOS DE XANEIRO



viernes, 15 de enero de 2016

miércoles, 13 de enero de 2016

CARTA DE NUBA


 
OLA AMIGUIÑOS:
ENCÁNTAME SAIR A PASEAR E COMO NON COÑEZO MOITO ESTA CIDADE GUSTARÍAME QUE ME AXUDASEDES A ATOPAR OS SITIOS MAIS FERMOSOS E DIVERTIDOS. ALGUÉN DÍXOME QUE TEDES UN DINOSAURIO MOI CHULO ¿SABEDES ONDE ESTÁ?
SE PODEDES AXUDARME ENCANTARÍAME IR .
GRACIAS!!!


                                                                        NUBA
 

martes, 12 de enero de 2016

REGALOS DOS REIS MAGOS

O chegar das vacacións de Nadal tiñamos uns paquetes que nos deixaron os Reis Magos e Papá Noel.  Eran unha chea de xoguetes para os nosos recantos.