miércoles, 31 de enero de 2018

DÍA DA PAZ

Onte celebramos como todos os anos o Día da Paz, fixemos unhas botellas con mensaxes de paz e preparamos corazóns para poñer nunha árbore de Paz. Todos xuntos cantamos e bailamos e soltamos pombas. se pinchades na pomba poderedes ver mais fotos da nosa celebración.





ANIVERSARIO DE UXÍA

   Seguimos cos aniversarios...
   Onte celebramos o de Uxía cun gran biscoito. MOITAS FELICIDADES!!!!





miércoles, 17 de enero de 2018

PARABÉNS PEDRO, JOEL E DANI

Esta semana estiveron de cumple Joel, Dani e Pedro, xa teñen 6 anos!!! grazas polos biscoitos e MOITAS FELICIDADES!!!









TEATRO DE SOMBRAS

   Onte visitounos Alicia cun clásico: La ratita presumida; pero que sorpresa levamos cando vimos que era un teatro de sombras...Qué ben o pasamos!!!
GRAZAS ALICIA!




viernes, 12 de enero de 2018

DÍA DO XOGUETE

Hoxe, como todos os anos despois do Nadal, celebramos o Día do Xoguete e cada neno/a pode traer un xoguete da súa casa para compartir cos seus compañeiros, pasámolo xenial!!!



CONTOS DE MAMÁS

Hoxe estiveron na clase de 5 anos A Carmen (mamá de Alex) e Xandra (mamá de Pedro) contándonos 2 contos chulísimos, estivemos moi caladiños e quedamos con ganas de que volvan outro día. Grazas!!!


jueves, 11 de enero de 2018

ANDREA E IAGO XA TEÑEN 6 ANOS

Andrea e Iago cumpriron esta semana 6 anos, son os maiores da clase e por iso o celebramos cuns biscoitos riquísimos. FELICIDADES!