miércoles, 31 de mayo de 2017

ZOE XA TEN 5 ANOS

O pasado domingo foi o cumple de Zoe e trouxo un biscoito de chocolate riquísimo para celebralo. FELICIDADES ZOE!!!!




martes, 30 de mayo de 2017

CONTO DE DINOSAURIOS

   A semana pasada visitounos Charo (nai de André) e contounos as aventuras de Max e Lea, uns dinosaurios ben simpáticos. Moitas gracias Charo, disfrutamos un montón! 



sábado, 27 de mayo de 2017

lunes, 22 de mayo de 2017

CONTOS DA GRANXA

   A semana pasada recibimos a Alicia (mamá de Félix) e tamén a Estela e Lía (mamá e irmá de Iago); trouxeron uns contos estupendos da GRANXA. Moitas gracias!!!







viernes, 19 de mayo de 2017

DOCTORA T

E xa coñecemos quen cura a todos os que viven no País das Letras, é a doctora T. Se atopades palabras que a conteñas podedes mandarllelas ás mestras.

martes, 16 de mayo de 2017

ENQUISA DA BIBLIOTECA

O equipo que dinamiza a biblioteca do centro pide a colaboración das familias a través da realización dunha sinxela enquisa, na que de maneira anónima poderedes aportar información sobre que cousas poden mellorar de cara ao curso que ven. Premede na imaxe para acceder ao cuestionario. Moitas grazas por colaborar!!
ENQUISA

lunes, 15 de mayo de 2017

DÍA DA FAMILIA

Hoxe 15 de maio celébrase o Día internacional da familia e para celebralo fixemos unha manualidade moi chula para que decore as vosas casas. Espero que vos gusten e Feliz Día Familias!!!!

viernes, 12 de mayo de 2017

CONTO CHUVIA

Onte estivo Nati Natilla, unha contacontos maravillosa que nos contou a historia dunha pinga de auga e as súas aventuras.




martes, 9 de mayo de 2017

TALLER PLANTAS

   Chegou a primavera e chegou o taller de plantas con Aroa e David (pais de Roi). Pasámolo xenial, moitas gracias!!!




lunes, 8 de mayo de 2017

MÁIS CONTOS

   A semana pasada recibimos  a Lore, Fran e Zoe (nai, pai e irmá de Noa), Lucía (nai de Dafne) e Mónica (nai de Matthew) cuns contos moi divertidos. Moitas gracias!!!!









domingo, 7 de mayo de 2017

FELICIDADES MAMÁ

Porque queremos moito as nosas nais, quixemos regalarlles un xoieiro precioso. Feliz día mamás!!!!


jueves, 4 de mayo de 2017

CUMPLE DE RAQUEL

Raquel xa ten 5 anos e para celebrarlo convidounos a un biscoito riquísimo e unhas galletas chulísimas. PARABÉNS!!!!