martes, 15 de diciembre de 2015

O APALPADOR

   Este ano, grazas a colaboración  das familias, o apalpador anima os nosos corredores.





viernes, 11 de diciembre de 2015

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

ONTE CHEGOU O CARTEIRO Á NOSA AULA PARA RECOLLER AS CARTAS PARA OS REIS MAGOS.

QUE ILUSIÓN NOS FIXO PODER POÑER O SELO A CARTA E METELA NO BUZÓN

AQUÍ TEDES O VÍDEO DAS AULAS DE 3 ANOS A E 3 ANOS B

domingo, 6 de diciembre de 2015

PROXECTO LECTOR

ESTA SEMANA TIVEMOS DÚAS VISITAS MOI ESPECIALES, A NAI DE BRUNO QUE CONTOUNOS DOUS CONTOS, E OS TIOS E PAIS DE ARIADNA QUE CON ELES FIXEMOS MAXIA E BAILAMOS E CONVERTÉMONOS E CANGREXOS PARA INTERPRETAR O CONTO AO SON DA MÚSICA

¡PASÁMOLO XENIAL!!!

AQUÍ TEDES O VÍDEO



martes, 1 de diciembre de 2015

ACHÉGASE O NADAL

A canción que imos cantar polas aulas é Buscando unha estrela. A continuación tedes o video para ensaiar na casa,

E a canción que imos interpretar no festival de Nadal é a seguinte:


ANIVERSARIO DE LOREDANA



lunes, 23 de noviembre de 2015

O RAP DA LINGUA

Os nenos e nenas de 3º de Primaria viñeron a Infantil a cantarnos o seu RAP DA LINGUA ¡ Que ben o fixeron!


CONTACONTOS KID&US

A academia kid&us viñeron ao noso cole a facernos un contacontos en inglés. ¡Que ben o pasamos!




OS PITIÑOS

   O equipo do laboratorio do cole trouxo ovos e estiveron na incubadora uns días. Agora xa naceron os pitiños e non quixemos perder a oportunidade de ir a coñecelos.

Queredes ve-los?? mirade o seguinte video.

lunes, 9 de noviembre de 2015

 O pasado venres celebramos o Samagostín no cole asando castañas e disfrazándonos de pantasmas, monstruos, esqueletos, meigas,...




Na páxina do cole e a continuación podedes ver unha montaxe de fotos de todo o acontecido.
 

miércoles, 4 de noviembre de 2015

EXPOSICIÓN DO OUTONO

Este curso, coa axuda das familias, fixemos unha exposición con manualidades feitas con follas do outono.

miércoles, 28 de octubre de 2015

ANIVERSARIOS SETEMBRO

ANDRÉS


                                                     LUCI
 



TODOS SABEMOS FACER COUSAS!!!

Moi boas familias!!!

Os nenos e nenas tanto da profe Karina coma de Paula que imos á clase de "Valores", xa estivemos interiorizando algúns destes , e é por iso que querémosvos ensinaro último que levamos feito, neste caso traballando a autoestima.

Estivemos escoitando un conto "O punto", onde se nos relataba a historia dun neno que non quería pintar porque creia que el non sabía facer tal cousa, ata que cun pouco de agarimo e apoio por parte dos demais, demostrou a todo o mundo e a el mesmo que SI SABÍA PINTAR!!!!

Tras  isto e dunha pequena conversa, chegamos á conclusión de que nós podemos facer tantas cousas coma queiramos, e pintar...NON IA SER MENOS!!!. Incluso, temos que dicirvos que chegamos a facer maxia cos nosos propios debuxos, non volo creedes??? pois mirade o seguinte video!!!