viernes, 28 de octubre de 2016

PREPARANDO O SAMAGOSTÍN

O próximo xoves 3 novembro celebraremos o Samagostín no cole: asaremos castañas, iremos disfrazados terrorificamente e pasarémolo xenial. Mentres tanto preparamos o cole para esta festa.



jueves, 27 de octubre de 2016

MÁIS VISITAS

   Onte visitounos Mari, a mamá de Rubén. Contounos as aventuras dunha tartaruga e un coello moi simpáticos. Coma sempre, disfrutamos moito coa visita e estivemos moi atentos. Moitas gracias Mari!!!






martes, 25 de octubre de 2016

ABRIMOS A BIBLIOTECA

Mañá mércores 26 outubro xa podedes ir á Biblioteca do cole polas tardes para coller contos. Estará aberta os luns, mércores e xoves de 16:00 - 17:30 e os martes de 16:00 - 17:00

FELIZ CUMPLE IKER

Hoxe celebramos o cumple de Iker, xa ten 4 anos e trouxo un superbiscoito da Patrulla Canina. FELICIDADES!!!!



ANIVERSARIO DE LUCÍA

   Hoxe celebramos  o aniversario de Lucía... MOITAS FELICIDADES!!!








lunes, 24 de octubre de 2016

"O PELO DE PEPE"

Así de longo ten o pelo Pepe...


E por iso decidimos facerlle un bo corte...


Quedou ben guapo!!!


jueves, 20 de octubre de 2016

OS PITIÑOS

Hoxe estivemos no laboratorio vendo os pitiños, son moi suaves e tan pequeniños......



miércoles, 19 de octubre de 2016

CUMPLE DE CAROLINA

Hoxe Carolina cumpriu 4 anos e trouxo un boscoito de Rapunzel riquísimo. Moitas felicidades!!!!



lunes, 17 de octubre de 2016

DIVERTÍMONOS EN PSICOMOTRICIDADE

Na clase de psicomotricidade pasámolo xenial, xogando coas pelotas, os aros....e facendo carreras


MURAIS "REINA A"

   Así de ben decoran as nosas aulas os murais que elaboramos coa "REINA". Gracias pola vosa colaboración!!! 





jueves, 13 de octubre de 2016

CHEGA O OUTONO

Parece que xa chega o outono, co vento a chuvia e un pouco de frío. Por iso quixemos facer unha árbore para decorar a clase coas cores de outono.

martes, 11 de octubre de 2016

CRECE-PELO

   Un curso máis temos o noso crece-pelo; o ano pasado foi Daniel e esta vez Micaela. Chámase "Pepe" e iremos mostrándovos a súa evolución... Estade moi atentos!!!



domingo, 9 de octubre de 2016

DÍA DA SONRISA

O pasado venres celebramos no cole o Día da sonrisa, e por iso fixemos unha cara moi contenta para animar a todos a sorrir moito mais.


viernes, 7 de octubre de 2016

REINA A

Xa empezamos a traballar coas letras co proxecto "Letrilandia" no que cada letra é unha personaxe que ten un sonido propio. Por iso, pedimos a vosa colaboración aportando fotos dos nenos/as cun obxecto, imaxe....na que a palabra conteña a letra que estamos a traballar. Podedes envialas ó correo da profe e non é preciso que mandedes fotos con todas as letras.
Esta semana comezamos coa "REINA A"

jueves, 6 de octubre de 2016

CUMPLE DE ALEX

Esta semana cumpriu 4 anos Alex, Que contento estaba coa súa coroa!! Moitas felicidades!!!




CONTOS

   Esta semana tivemos dúas visitas, Alicia (mamá de Félix) e Lucía (mamá de Dafne); trouxeron uns contos moi divertidos: "Pepiña Maruxiña quere voar" e "A abella na orella da ovella". Disfrutamos moitísimo!!!










lunes, 3 de octubre de 2016

CANDELA E IZAN DE ANIVERSARIO

Hoxe tivemos unha morea de merenda porque Izan e Candela estiveron de aniversario. Moitas felicidades!!!!


ANIVERSARIO DE AROA

   Aroa xa ten 4 anos...Hai uns días celebramos o seu aniversario. Moitas felicidades!!!





domingo, 2 de octubre de 2016