sábado, 28 de mayo de 2016

FESTILETRAS 2016

O pasado venres celebramos o Festiletras 2016, para rematar co homenaxe as letras galegas de este ano. Se pinchades na foto podedes ver todas as actuacións. Os nosos nenos e nenas o fixeron xenial!!!
festiletras

miércoles, 25 de mayo de 2016

ALAZÁN

Hoxe fixemos unha excursión a Alazán e aínda que choveu moito o pasamos xenial cos cabalos e os ponys. Ensináronnos onde durmen, o que comen e o que necesitamos para poder montar enriba. Puidemos peinalos, acaricialos e dar un paseo enriba deles. Foi un día estupendo!!

A

martes, 24 de mayo de 2016

TEATRO NEGRO

O pasado luns, os alumnos/as de 6º coa axuda da profe Bea representaron unha obra de teatro chulísima chea de maxia, cores e música, pero a luz estivo apagada. Se pinchades na imaxe poderedes ver toda a representación "Perez Gómez e a casa encantada"
T

lunes, 23 de mayo de 2016

ANIVERSARIO ARES

   Hoxe celebramos o aniversario de Ares e trouxo un biscoito boísimo. Gracias e moitas felicidades!!!!!




sábado, 21 de mayo de 2016

GUSANOS DE SEDA

Xa temos na clase os nosos gusanos de seda e como xa son grandes podemos collelos e notar como nos fan cóxegas


COMENDO LEITUGAS

Onte estivemos probando as leitugas que plantamos na horta do cole, estaban boísimas!!!!

viernes, 20 de mayo de 2016

MÁIS CONTOS

   Hoxe visitounos Alicia (mamá de Félix). Trouxo un conto que nos encanta: El patito feo e presentounos un pato moi simpático e con moito ritmo. Pasámolo xenial!!!!! 

















miércoles, 18 de mayo de 2016

"A CONFERENCIA DE LÍA"

   Esta mañá tivemos unha visita moi especial. Recibimos os nenos e nenas de 3º de Primaria e Lía (irmá de Iago) presentounos a súa conferencia: "MEU IRMÁN". Gustounos moito!!!!! 






miércoles, 4 de mayo de 2016

ANIVERSARIO

Onte foi o aniversario de Raquel e trouxo unhas galletas chulísimas e riquísimas. Moitas felicidades!!! Ademais estivo Xandra (mamá de Pedro) contando contos de osos que nos encantaron.




lunes, 2 de mayo de 2016

TEATRO MAMÁ CABRA

Hoxe estivemos no teatro vendo unha actuación do grupo Mamá Cabra, reimos, cantamos, bailamos....e o que mais nos gustou foi o cabalo, tío Timoteo, o carteiro, os instrumentos....TODO!!!!