jueves, 31 de mayo de 2018

martes, 29 de mayo de 2018

EXCURSIÓN A APÍPOLIS

Hoxe estivemos pasando o día en Apípolis, un lugar cheo de abellas, mel, polen e diversión. Fixemos galletas de mel, unha vela coa cera, vimos a abella raíña e a todas as abellas no apiario. Puxémonos o mono e a careta de apicultor, e sobre todo pasámolo xenial!!!!



domingo, 27 de mayo de 2018

FACEMOS ABELLAS

Esta semana tivemos a sorte de contar coa axuda de Maca, Carmen e Xandra (mamás de Roi, Alex e Pedro) que para aprender mais cousas das abellas nos axudaron a facer unhas abellas chulísimas. Moitísimas grazas por vir!!!






viernes, 25 de mayo de 2018

ANIVERSARIO DE LUCAS

   Lucas xa ten 6 anos e celebrouno cos seus compañeiros cun biscoito riquísimo. MOITAS FELICIDADES!!!




miércoles, 23 de mayo de 2018

CARREIRA DE ORIENTACIÓN

Para celebrar o Día Mundial da Orientación, o equipo de Educación Física do cole retounos a unha carreira de orientación espacial no patio do cole, axudados polos maiores tivemos que atopar simbolos escondidos coa axuda dun mapa. Foi moi divertido!!



CÁGADOS

   Onte recibimos a visita de Mónica e Aroa; con elas aprendimos moito sobre a vida das bolboretas, as libélulas e as ras. Agora temos un acuario con cágados na nosa aula. Moitas grazas!!!




miércoles, 16 de mayo de 2018

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Para festexar o Día das Letras Galegas, cada neno/a trouxo unha palabra en galego que decoramos para a entrada do cole. Moitas grazas a todos/as.

UNHA MOREA DE CONTOS

Esta semana estiveron Vanesa e Fran (papás de Dani) coa súa irmá Sofía contandonos o conto de Hansel e Gretel.
Ademais viñeron Laura (mamá de Álvaro) cun conto dos "yayos" e outro chamado "Leo o futbolísta", e Ricardo (papá de Zoe) cunha historia de amizade entre un monstruo e unha pantasma, outra dun corvo mariño das illas Cíes e tamén "un agasallo diferente".
Quedamos encantados con tantos contos. Moitas grazas!!!!







martes, 15 de mayo de 2018

FELIZ DÍA FAMILIAS!!!

Hoxe, 15 de maio, celébrase o Dia das familias e como hai tantas familias como formas de amar, fixemos unha morea de tarefas para celebrar o moito que queremos as nosas familias. espero que vos gusten!!!


viernes, 11 de mayo de 2018

VISITA E CONTO

   Esta semana recibimos a Lucía cun conto moi "apetitoso": Este libro huele a chocolate". Estivemos ben atentos e disfrutamos un montón... Graciñas Lucía!!!



viernes, 4 de mayo de 2018

CIENCIA EN MOVEMENTO

Hoxe estivemos no laboratorio facendo unha vez mais experimentos, o primeiro que fixemos foi sacar unha lata que estaba nunha taza sen empregar as mans, é maxia? non, é ciencia. Tamén conseguimos darlle a volta a un vaso con auga sen que caese a auga, coa axuda dun papel e dun colador. Mesturamos auga e fariña de millo e fixemos un líquido (ou é sólido?) que se o tocamos a modiño é liquido pero se lle damos con forza está mais duro cunha pedra.  E por último o submarino, dentro dunha botella de auga puxemos un bote pequeniño con auga que ao apretar a botella baixa e o soltala, sube. Uns experimentos estupendos!!!

PARABÉNS RAQUEL!!

Empezamos o mes de maio e Raquel xa cumpriu 6 anos, moitisimas felicidades!!!!