viernes, 23 de marzo de 2018

PROXECTO: O CINE

Aquí podedes ver un resumo de todas as cousas que aprendimos durante este trimestre sobre o cine, ademais no 3º trimestre levarán a casa un conto que prepararon entre todos con todo o aprendido.


ANIVERSARIO DE NICOLÁS

   Onte celebramos o aniversario de Nicolás cun biscoito riquísimo.
MOITAS FELICIDADES!!!





jueves, 22 de marzo de 2018

EMOCIOMARTES MARZO

Este martes estivemos traballando de novo as emocións, nesta ocasión tocounos a empatía, poñerse no lugar do outro e para iso xogamos a ponerlle cara a un boneco dependendo da situación que plantexa a mestra.























martes, 20 de marzo de 2018

CONTO

   Hoxe visitounos Alicia cun conto clásico: La gallina de los huevos de oro e menuda sorpresa levamos cando a galiña nos regalou ovos de chocolate...
   Moitas gracias Alicia  e volve cando queiras!!







ANIVERSARIO DE LEONARDO

   Leonardo xa ten 6 anos e hoxe celebrouno na aula cos seus compañeir@s. MOITAS FELICIDADES!!!!








viernes, 16 de marzo de 2018

TRAILERS

   Aquí vos deixamos os trailers realizados polos nenos e nenas de 5 anos.

"La casa encantada" de 5 anos A



 "La guerrera valiente" de 5 anos B


miércoles, 14 de marzo de 2018

CINE BALAÍDOS

Para seguir co noso proxecto do cine, hoxe fixemos uns Multicines no cole, había 6 salas con 6 películas a elexir, fixemos as entradas, os cartos e preparamos as salas coas filas e butacas. onte compramos as entradas e hoxe os flocos de millo. Foi moi divertido!!



lunes, 12 de marzo de 2018

I FEIRA DE EXPERIMENTOS "ABELEIRA"

Este luns o Laboratorio deu comezo á 1º feira de experimentos ABELEIRA, con seis EXPERIMENTOS relacionados co mundo do cine, seis experimentos para aprender e construir, seis experimentos realizados polas compañeiras/os de infantil 5anos B , 1º, 2º, 4º, e 5º 
Taumatropo - Zootropo - Tinta invisible - Moco noxento - Neve caseira - Maquillaxe terrorífico
Os nenos/as de 5 anos B explicaron como facer o moco noxento e todos estiveron moi atentos. Nas próximas semanas faremos os experimentos nas clases

viernes, 9 de marzo de 2018

EXCURSIÓN AO CINE

Hoxe fomos a Multicines Norte para ver unha película nun cine de verdade, "CANTA" unha película moi divertida e musical. Estivemos tamén na sala de proxección vendo as bobinas e os negativos das películas. Pasámolo xenial!!!



martes, 6 de marzo de 2018

MARÍA XA TEN 6 ANOS

María trouxo un biscoito riquísimo para celebrar que xa ten 6 anos. PARABÉNS!!!!



OBRADOIRO NOCES

    Esta mañá recibimos a visita de Mónica e Víctor (nai e pai de Joel); con eles levamos a cabo un obradoiro con noces pintadas previamente. O resultado foi xenial: unhas arañas e uns amorodos moi chulos!!







sábado, 3 de marzo de 2018

OS PITIÑOS

Onte fomos o laboratorio porque naceron 4 pitiños, puidemos tocalos con moito coidado, ademais puidemos ver como van crecendo as nosas leitugas e tomates.








CONTOS DE FAMILIAS

Esta semana estiveron no cole Miguel (papá de Félix co conto "Grúfalo" e Paloma (mamá de Candela) cun conto sobre a vida de Frida Kahlo. Coma sempre estivemos moi atentos e queremos que volvades pronto!!!