sábado, 30 de abril de 2016

MAIS SEMENTES



Unha vez mais agradecemos a vosa colaboración polos traballos que
fixestes en casa. Gracias a vós, quedou unha exposición de traballos
feitos coas sementes moi bonita, que podedes ver na entrada do cole.

viernes, 29 de abril de 2016

CONTANDO CONTOS

   Esta semana visitounos Miguel (o papá de Félix) e contounos unha historia moi divertida. Coma sempre, estivemos moi atentos e disfrutamos un montón. Agardamos máis visitas!!!





miércoles, 27 de abril de 2016

LEITUGAS NA HORTA

Hoxe estivemos traballando na horta do cole, plantando unhas leitugas coa axuda do profe Fausto. Fixemos buracos na terra, botámoslle auga e colocamos as leitugas. Agora solo queda esperar a que crezcan e recollelas para poder comelas ¡¡Que ricas leitugas!!


lunes, 25 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

O sábado 23 abril celebrouse o Día do Libro e no cole quixemos unha vez mais celebralo cunha lectura multitudinaria de contos. Os nenos/as de 2º e 3º primaria prepararon un conto para contarlle os nenos/as de 3 anos, estiveron moi atentos e queremos que repitan outro día.


SEGUIMOS XOGANDO

Esta semana estivemos descubrindo cal é a primeira letra do noso nome, podedes descubrilas nos seguintes xogos

viernes, 22 de abril de 2016

MAIS CONTOS

Seguen vindo a clase a contarnos contos, esta vez foi Eva (mamá de Iker) quen descubriu o divertido que é contarlles un conto ós nenos. Esperamos que repita!!!


jueves, 21 de abril de 2016

martes, 19 de abril de 2016

PLANTANDO NA PRIMAVERA

Estas semanas plantamos sementes de lentellas nunhas macetas que xa creceron un montón. Ademais aproveitamos o invernadoiro que lles sobrou os nenos/as da clase de Paula para traballar coa terra e plantar sementes de fabas.


TALLER DE XARDINERÍA

A semana pasada recibimos a visita do pais de Roi. Con eles fixemos un taller de xardinería onde plantamos nunhas macetas unhas fermosas plantas. Tamén fixemos dous invernadoiros de xudias e acelgas. Pasámolo en grande e aprendemos moito.


viernes, 15 de abril de 2016

XOGAMOS CO NOME

Este trimestre comezamos un novo proxecto "O meu corpo, o meu nome" e estamos descubrindo unha chea de cousas sobre o noso nome. Nestes xogos poderedes aprender os nomes de todos os nenos/as da clase.

jueves, 14 de abril de 2016

CONTANDO CONTOS

Esta semana estivo Mónica (mamá de Raquel) contándonos un conto de Pepa pig.
Moitas gracias por vir!!!


martes, 5 de abril de 2016